domingo 21 de marzo de 2010

Alemán!

Bueno, xa que non actualizades moito por estes lares vou seguir coa sección "Esta canción sempre me recorda a..." introducindo un tema que a moitos traeranos a boca un regusto a tequila e kiwi.
Poñovos en situación:
Inocente rapaza de 19 anos q pouco sabe da vida santiaguesa e menos dos seus compañeiros de clase chega coas suas boas e inocentes amigas de primeiro a un recuncho onde, mira ti por onde, atópase cos "desvergonzados" compañeiros de clase que están a beber coma tolos un chupito de cor verde que os pon a todos contentos de mais. Os desvergonzados ofrecenlle ese máxico chupito e ela non sabe que dicir, non quere meterse nese mundillo que do cal lle dixeran que non era bo...mais o chupito parece que vai só a parar na sua gorxa, está rico, faina dudar de como de malo será ese mundillo do que lle falaran tan mal. Soa de fondo unha canción de heredeiros que recoñece, ponse a cantar cun compañeiro que apenas coñece. O rematar a canción poñen outra dos mesmos que non recoñece pero que o compañeiro canta con ganas e que lle fai moita gracia:




Aqui remata o nexo coa canción e comeza a desaparecer a inocencia da pobre rapaza...xa non é o que era, pero se cadra ese regusto a tequila e kiwi é mellor do que pensaba.

BICOS!!!!!!

1 comentarios:

Miguel dijo...

Que orguloso estou xD

TEMAZO!!!