jueves 25 de febrero de 2010

CADEA DE TEMAZOS XXX: GIRLS JUST WANT TO HAVE FUN

Nova edición de Cadea de Temazos (xa tocaba). Teño que recoñecer que tódalas veces que publiquei nesta categoria, primeiro elixín a canción e logo "inventeime" a relación coa canción anterior... Pois esta semana estaba decidida a continuar cunha das miñas cancións favoritas de Jamiroquai, pero por máis que o intentei non dín atopado ningún nexo (e xa sabedes que non son moi esixente).
Ó final rendinme e decidín deixa ó amigo J.K. para mellor ocasión, e elixín unha nova canción: Girls just want to have fun, de Cindy Lauper. A relación é obvia non??? O pelo oitentero.
Se nunca víchedes o vídeo, só vos digo que non ten desperdicio.
Desfruten coa música da época que nos veu nacer (ós que publicamos aqui, quero dicir, nunca se sabe se alguén máis ca nós pasa por aqui...).
http://www.youtube.com/watch?v=x0cJnVeiMrw&feature=related

4 comentarios:

DoctorFausto dijo...

Guau! 30 edicións, que o diría, e parece que foi onte...

Ri dijo...

Aqui unha que viviu e disfrutou os 80!!! aihhh que bo o video! xa non me lembraba! adoro a estética, os colores, as pulseras, esa harmonia palpable jeje! que risas! Aupa Cindy!

Patricia dijo...

Aupa Cindy si XD
E coa parte do final cando fan un baile ahi movendose cunha cadencia increible as nove tipas de dianta para atras, ganoume!

Littlewing dijo...

Un video de Cyndi nunca ten desperdicio Crissss pero o q mais me gustou foi o nexo q puxeches XD